EVAS

As mulleres fomos sempre moi inquedas e intelixentes
E isto desde Eva. Eu penso que Eva aburríase no paraíso e despois de dar unha volta sen saber que facer, mirou á árbore prohibida, e díxose, "eu vou probar, total hai tantas froitas, que ninguén o notará" e... comeu. E cando mirou ao redor, descobriu que todo era distinto e mirouse ela, e maravillouse, correu ata a fonte e ao verse reflectada díxose(coma a do anuncio)"eu creo que estou estupenda"
Chamou a Adán e cando o viu preguntoulle ¿como me ves? tapandose coqueta cunha folla. O Adán que aínda non comera quedou coa parvo, entón ela colleu otra froita, e díxolle ¡come! e el comeu
E alí comenzou a historia botáronos do paraíso sí, e tivo que parir con dor ¿pero acaso non valeu a pena?
Na historia tanto ficticia coma real, houbo moitas mulleres amadas, amadoras e amantes.
Cada unha coa súa sorte.
Temos á Xulieta de Shaquespeare namorada do inimigo da súa familia que chegou por Romeo ata a súa morte ao crelo morto a él.
Á Helena de Homero "raptada" e amada por Paris (eu o de rapto non o creo, que o Paris era un bombón) e seguida polo seu home, ata chegar a unha guerra que o mantivo lonxe da súa terra vinte anos, (penso que o Menelao, foi bastante parvo, despois de vinte anos a Helena xa tería "todo" caído. Que iso que di Gardel "que vinte anos non é nada"segundo para que digo eu)
E a bela Beatriz, seguida tras a morte polo seu namorado Dante, que pasou polo inferno, guiado polo gran Virxilio, que non poido entrar con el ao ceo por ateo.
Recordo a Alfonsina Storni a poetisa arxentina que por amor, camiñou mar adentro, co seu vestido branco ata que o mar a enguliu, dela recordo este verso "Soy un alma desnuda en estos versos. Alma desnuda que angustiada y sola . Va dejando sus pétalos dispersos"¡que fermoso!
E a raíña Isabel a Católica a cal con dezasete anos escapou e casou c on Fernando de Aragón, tan novo e arriscado coma ela.
A fermosa Mumtaz Mahal moi namorada do seu home e el dela e que a súa morte, lle contrúe o Taj Mahal(mausoleo dedicado ao seu amor)
A princesa belga Carlota que amou con locura ao seu home Maximiliano de Habsburgo.
A pobre Clara Petracci que amou tanto ao ditador Benito Mussolini que o acompañou voluntariamente ata a morte, e que no momento do fusilamento do ditador, quixo protexelo das balas co seu corpo.
E tantas, e tantas máis, mulleres reales e de fición, amadas e amantes, mulleres famosas, mulleres descoñecidas,axiña que non todas felices.
Pero coma Eva inquedas e intelixentes.
0 Comments:
Post a Comment
<< Home