opiniones de opinantes

Blogs,sobre opiniones de sucesos tanto de actualidad,como historicos, todas las opiniones seran consideradas. NO seran aceptadas las que interfieran en la vida privada de personas.

Saturday, March 24, 2007

A gran Piramide


Din os mexicanos que "o peso dunha casa non descansa sobre a terra, senón sobre os ombreiros dunha muller"
Isto é así desde o comenzo dos tempos, foi a Eva a que se lle encomendou a tarfa máis dura, ser nai, levar o fogar, educar.
A muller co peso máis grande sobre os ombreiros, xeneralmente é a de menos posibilidades económicas e culturais, é a que cría aos fillos, edúcaos, coida noite, e día dorme pouco e traballa moito, é "Mater et Magistra", pero o seu traballo xeneralmente non é recoñecido, dáse por sentado que ese é o seu cometido.

Dise que "detrás de cada gran home hai unha gran muller" eu digo que desde antes do seu nacemento este gran home está amparado, guiado, educado por unha gran muller.

Aínda así, estando sempre detrás, as mulleres fomos e somos sostén da familia, refuxio de amor e seguridade.
Houbo moitas mulleres famosas, pioneiras na loita pola igualdade, elas puxeron as bases do hoxe acadado, nós seguimos a levantar a pirámide e a ensinar as nosas fillas e netas a que elas teñen a obriga de continuar a construír esta pirámide de igualdade, non de superioridade, de igualdade nos postos laborais, nos estudos e no fogar.
Hoxe seguimos a ser infravaloradas, estamos infrarrepresentadas, na política galega, sempre a muller ocupa un posto de menor responsabilidade a pesar de estar en moitas ocasións mellor preparadas có home que ocupa o posto.
No campo laboral son poucas as xefas de sección ou dirección nun traballo compartido con homes.
Pero a muller segue coa súa loita sen armas, na súa loita de resistencia e reivindicación.
Na Pobra de Trives(Ourense) as mulleres celebran cada ano o seu "Foro pola Igualdade". En Ribadeo unhas cen mulleres rurais españolas contrastaron a súa experiencia e abordaron aspectos relacionados con iniciativas empresariais, a potenciación do asociacionismo e a igualdade de dereitos
Como vemos a loita está aberta en diferentes campos
Todas debemos loitar, podemos facelo escribindo o que sentimos, reclamando o que nos pertence, trasmitindo ás nosas fillas o afán de superación o amor á igualdade de dereitos, ao cumprimento da Lei que nos ampara.
Facerlles tomar conciencia de que a gran pirámide está aínda sen construír e que cada unha debe poñer a súa pedra por pequena que sexa, para acadar coa violencia e coa discriminación.
Debemos inculcarlles o orgullo de seren mulleres.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

 
RelojesWebEspana!
Directorio de Blogs de Venezuela